Monday 13 de May de 2024

Ordes aproba a súa inclusión no PAI 2015


O Concello recibirá un total de 343.000 € que se dedicarán tanto a investimentos en infraestruturas na vila como á amortización de débeda

En sesión plenaria extraordinaria aprobouse o adhesión ao Plan de Aforro e Investimento (PAI 2015) da Deputación da Coruña. Unha aplicación de préstamos provincial grazas á cal o Concello de Ordes recibirá 343.000 euros a devolver en dez anos, con dous anos de carencia e sen xuros.
Os cartos destinaranse á renovación do alumeado público da rúa Rosalía de Castro, “o que suporá seguir aforrando no gasto enerxético municipal, ademais de reducir a contaminación lumínica na vila”. A partida orzamentada para iso ascende a 37.600 euros. Tamén está prevista a reparación da rúa Campeiras, que inclúe no proxecto a mellora na rede de saneamento, estrada e beirarrúas. En total destinaranse 48.000 euros para a súa execución. Por outra banda a cantidade destinada á amortización de débeda municipal ascendería a 257.600 euros.
A medida formulada saíu adiante cos 9 votos do equipo de goberno (UXO), PSOE e CIdGA, mentres que tanto o PP como o BNG se abstiveron.